14 tarxetas de 13x9cm para estudo ou repaso da Prehistoria e Historia centrado en contido para 4º de Primaria.
Constan dun título e uns conceptos resumidos que podemos riscar ao nomealos.
Este recurso pódese usar de forma autónoma para comprobar os conceptos aprendidos ou en grupo/parella para que unha persoa fale sobre o tema ou xogar ao estilo "Tabú", no que alguén ten que describir os feitos e adiviñar de que se trata.
Outra variante interesante sería que se nalgún caso, a persoa que está a describir a tarxeta poida a adiviñar o concepto que falta por dicir coa axuda dos outros, sendo estes os que intenten dar pistas sobre ese concepto.
Os conceptos que se inclúen son: Etapas da Historia, Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais, Idade Antiga, Galicia na Prehistoria, Conquista da Península Ibérica, Poboadores da Península Ibérica (Íberos, Tartesos e Celtas), Gallaecia como provincia romana, organización de Hispania e o Imperio Romano.